Esta fin de semana as nosas embarcacións desprazáronse ata diferentes localidades galegas e vascas para seguir coas súas ligas. A embarcación ACT estivo en Bilbao e Lekeitio, a LGT-A no Grove e en Meira mentres que a feminina tivo unha única cita en Meira.
Bandera de Bilbao & XXXV El Correo Ikurriña - Kutxabank Sari Nagusia - Lekeitioko Udala
O noso equipo ACT estivo esta fin de semana en Euskadi continuando coa Eusko Label Liga e chegando case á metade das competicións. O sábado, na ría de Bilbao, acadou un oitavo posto, nunha proba en modalidade contrareloxo con difíciles condicións de correntes. O domingo, en Lekeitio, estes sairon na segunda quenda con Lekeitio, Hondarribia e Zierbena. A regata transcorreu con varias incidencias, entre estas está unha sanción de 3’’ a o noso equipo. Esta sanción fixo que o noso equipo rematara nun sétimo posto.
IX BANDEIRA VIRXE DO CARME & VI BANDEIRA ILLA DO SAMERTOLAMEU
A nosa embarcación LGT-A estivo esta fin de semana no Grove e en Meira. Na xornada do Grove, a nosa embarcación acadou o 3º posto, o mellor da tempada, avantaxando en pouco máis dun segundo ao cuarto clasificado, Bueu. Na xornada do domingo e remando na quenda de honra, estes remataron en 6ª posición, mantendo así un quinto posto na clasificación xeral.
I BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA FEMININA
A nosa embarcación feminina tivo esta fin de semana unha única cita en Meira. A regata comezou cun ritmo consistente, mais as de Tirán lograron impoñerse desde a primeira manobra, avantaxando á nosa embarcación en 13 segundo, sendo estas segundas. A nosa tripulación feminina mantén a cabeza na clasificación xeral.
Próximas competicións
Este mércores terá lugar en Meira ás 20h o Campionato Galego de Traiñeiras. Esta competición contará coas categorías absoluta feminina e masculina, nas cales se coñecerán as embarcacións que teñen pase para o campionato de España.